jueves, 8 de febrero de 2007

Como son os suecos...

Parece ser que os suecos son xente moi moderna. O vídeo que aquí aparece pertence o Rapport, o que vería sendo o TeleXornal sueco. Como en moito telexornais, detrás do xornalista aparece un chea de pantallas sobre as emisión doutras canles.
Atención as pantallas da dereita cando aproximadamente dous minutos para o final.
A ver se algunha vez temos unha televisión igual no noso país! ghe ghe...





Este vídeo atopeino pola rede no blog persoal dun gran xornalista galego que está a traballar en Suecia, Kiko Novoa, e que ademáis é do Dépor.
Un excelente profesional que fai uns anos estivo traballando na RadioGalega.

O seu blog é: www.facendomeosueco.blogspot.com

lunes, 15 de enero de 2007

As mentiras do PP

Este video foi publicado no blog www.192muertos192mentiras.blogspot.com co título de A dobre vara de medir do PP, e nel amósase as diferentes reaccións que tivo o PP, o PSOE, os diarios EL PAÍS e EL MUNDO e a AVT (Asociación de Víctimas do Terrorismo) cás roturas das treguas de 1999 e do 2007por parte do grupo independentista TERRORISTA ETA.

É incrible ver as reacción de uns e outros, outra vez, o PP engana a sociedade.



Pois xa ven, denigrante. A dereita española (PP) segue enganando a sociedade con mentiras e falsedades; e o peor de todo e que chegan a crer nelas.

martes, 9 de enero de 2007

Cousas do fútbol...

O DEPORTIVO VOLVE A GAÑAR

Despois de nove xornadas o equipo galego volveu a gañar. Tivemos que esperar á visita do Real Madrid a cidade herculina para que o Dépor volvese a gañar. Fíxoo por dous goles a cero, nun partido moi completo do equipo que dirixe o sevillano Joaquín Caparrós.
Os "merengues" entran en crise, unha circunstancia da que entran e saen unhas cincuenta veces na tempada. Con millóns e millóns de presuposto, un equipo, o "mellor do século XX" non se pode permitir non marcar ningún gol en dous partidos consecutivos e encaixar cinco.
Son cousas do fútbol...

Por certo, hoxe a prensa plantouse ante a estúpida actitude do clube branco de vetar a entrada dos informadores a só quince minutos de quecemento, como estudante de xornalismo e futuro xornalsita estou cos "meus" compañeiros.

martes, 2 de enero de 2007

Blog ós 95 anos

Estaba escoitando a radio cando en Gomaespuma (OndaCero) entrevistaron a unha muller que tiña un blog. Ata ahí nada anormal, se non fora porque a fémina en cuestión ten 95 anos recén cumpridos. Un blog foi o regalo de cumpreanos do seu neto para María Amelia no seu nonaxésimoquinto aniversario e na súa compaña vai contando as súas vivencias e os seus pensamentos.
Galega, nada en Corcubión, María Amelia vive en Muxía e defínese como socialista dende os 16 anos. Gústalle a música clásica e entre os seus escritores preferidos atópanse Curros, Pondal ou Rosalía de Castro.
O blog está moi ben e creo que deberían coñecelo. www.amis95.blogspot.com

Si es que en el mundo pasa cada cosa,...

Navegando por la red encontré esta noticia que no menos pudo llamarme la atención y ser la primera noticia de este renovado blog...
Indemnizan a un hombre por una afición al sexo no buscada
Un devoto cristiano que asegura que un accidente laboral le aumentó la líbido, lo que le hizo recurrir a prostitutas y pornografía, obtuvo el martes de indemnización más de 3 millones de libras en daños (4,5 millones de euros).
Stephen Tame, de 29 años, sufrió heridas graves en la cabeza en una caída, lo que le transformó de leal esposo recién casado a un "desinhibido" que tuvo dos líos de faldas.
Estuvo en coma durante dos meses tras caerse de un andamio cuando trabajaba en un almacén de bicicletas poco después de casarse en enero de 2002. Los médicos dijeron que fue un milagro que sobreviviera.
Al indemnizarle, el juez Michael Harris, del Tribunal Superior de Justicia de Londres, dijo: "Su vida y la vida de su joven esposa se vieron destrozadas".
Le transformó a un desinhibido que tuvo dos líos de faldas,... es decir, le salió cada "rollo" a más de DOS MILLONES DE €. Yo también quiero que me pagen eso por tener sexo, y además, lo peor es que ¡NO! le gustaba el sexo (o eso se desprende del titular).
En fin, para tirarse de una andamio, ¡ya!

Regresei...

¡Feliz Ano 2007!
Desexo que este novo ano que comeza sexa para todos os que me rodean 365 días de felicidade continúa no cal se poidan cumplir os obxectivos marcados cada un para sí.
Unha aperta moi forte para todos!

domingo, 29 de octubre de 2006

PERO QUE FAS?...

É bastante seguro que chegaste a esta páxina de casualidade, e agora estás a preguntarte que fas aquí. Deixaó. Non vale a pena. Como podes observar en apenas 5 minutos nesta páxina non hai nada de interese. Vaite de aquí e entra acolá, de seguro que che vai a ser moito máis productivo. Xa sabes, www.diariodeperiodismo.blogspot.com. Agora que o sabes. ENTRA! Xa sabes de que falamos...

sábado, 30 de septiembre de 2006

De volta

O ano pasado deume por crear un BLOG; foi en setembro, pouco antes da verme na obriga de marchar para comezar unha nova etapa na miña vida. Un ano despois volvo, non sei porqué, nin durante canto tempo, nin nada,... pero volvo,... estou de volta,...

martes, 6 de septiembre de 2005

Un día máis

Aquí estou un día máis, escribindo algo para que a xente que lle interese poderme coñecer un pouco máis. Como podedes ver, ó principio estou moi activo pero xa veremos despois co paso do tempo como vai decaendo o meu ánimo escritor, sobre todo cando xa estea en Valladolid e me sexa especialmente difícil acceder a un PC, pois nada, meus seguidores; ATA A PRÓXIMA.
Prométovos que en próximas mensaxes xa irei añadindo fotos.

PRESENTACIÓN

Neste blog que veño recentemente de crear irei comentando os meus pensamentos, os meus problemas,... principalmente para os meus amigos que supoño que serán os únicos que lles inteerese isto, ¿e se lles interesa?
OLA A TODOS BENVIDOS Ó MEU BLOG PERSONAL