martes, 2 de enero de 2007

Blog ós 95 anos

Estaba escoitando a radio cando en Gomaespuma (OndaCero) entrevistaron a unha muller que tiña un blog. Ata ahí nada anormal, se non fora porque a fémina en cuestión ten 95 anos recén cumpridos. Un blog foi o regalo de cumpreanos do seu neto para María Amelia no seu nonaxésimoquinto aniversario e na súa compaña vai contando as súas vivencias e os seus pensamentos.
Galega, nada en Corcubión, María Amelia vive en Muxía e defínese como socialista dende os 16 anos. Gústalle a música clásica e entre os seus escritores preferidos atópanse Curros, Pondal ou Rosalía de Castro.
O blog está moi ben e creo que deberían coñecelo. www.amis95.blogspot.com

No hay comentarios: