O DEPORTIVO VOLVE A GAÑAR
Despois de nove xornadas o equipo galego volveu a gañar. Tivemos que esperar á visita
do Real Madrid a cidade herculina para que o Dépor volvese a gañar. Fíxoo por dous goles a cero, nun partido moi completo do equipo que dirixe o sevillano Joaquín Caparrós.
Os "merengues" entran en crise, unha circunstancia da que entran e saen unhas cincuenta veces na tempada. Con millóns e millóns de presuposto, un equipo, o "mellor do século XX" non se pode permitir non marcar ningún gol en dous partidos consecutivos e encaixar cinco.
Son cousas do fútbol...
Por certo, hoxe a prensa plantouse ante a estúpida actitude do clube branco de vetar a entrada dos informadores a só quince minutos de quecemento, como estudante de xornalismo e futuro xornalsita estou cos "meus" compañeiros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario