martes, 1 de mayo de 2007

a un de maio, VINTESETE DE MAIO.

Vientesete de maio: elección municipais e en catorce das dezasete autonomías españolas ademáis de Ceuta e Melilla.

A campaña electoral, ou o que chaman de maneira oficial, precampaña, xa comezou hai tempo. Primeiro coas falsificación de voto por correo en Melilla, de seguido coa copia case íntegra do programa electoral de Ciutatans de Catalunya polo PSOE de Canarias [hai qué ter moito morro!]; pero alo menos o responsable dimitiu, feito que aínda non saben o que é no partido da gaivota.

En fin aínda quedan tres semanas, dúas de elas de campaña para que a cidadanía decidamos que é o mellor que nos convén para os nosos pobos e cidades.

Ésta e a primeira entrada deste acontecemento que supoño que terá máis entradas. Interésame o tema, e estas elección estou centrado principalmente en tres actos. Xa vos contarei cales.

Ata a próxima.

No hay comentarios: